Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32133

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Sociedade Galega do Medio Ambiente, S.A.

ANUNCIO polo que se convoca licitación pública para a prestación do servizo integral de transporte combinado de residuos urbanos desde as plantas de transferencia ata o Complexo Ambiental de Cerceda e ao vertedoiro de Areosa (NC 0002/2014).

Data límite para a presentación das ofertas: 15 de setembro de 2014, ás 13.00 horas.

Data de apertura do sobre B: 26 de setembro de 2014, ás 11.00 horas.

O prego do concurso poderá retirarse a partir desta data en:

– Plataforma de Contratación Pública de Galicia www.contratosdegalicia.es

– www.sogama.es, epígrafe de Perfil do Contratante.

– Oficinas da sociedade en Morzós, nº 10, As Encrobas, Cerceda, 15187 A Coruña.

A entrega das ofertas realizarase no seguinte enderezo: Sogama, S.A., Morzós, nº 10 (As Encrobas), 15187 Cerceda (A Coruña). Teléfono 981 69 85 00.

O custo dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Este anuncio enviouse ao DOUE o 16 de xullo de 2014.

Cerceda, 16 de xullo de 2014

Luis Lamas Novo
Presidente da Sociedad Galega do Medio Ambiente