Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32131

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Nigrán

ANUNCIO de información pública (expediente 11/0738 U).

Talleres Rodosa, S.L. solicitou declaración de incursión na situación legal de fóra de ordenación, ao abeiro do previsto na disposición transitoria terceira da Lei 2/2010, do 25 de marzo, dun taller de reparación, mecánica, carrozaría e venda polo miúdo de automóbiles, sito na avenida Pablo Iglesias, s/n, Priegue, Nigrán (expediente 11/0738U).

De conformidade co artigo 8.3. do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, e de acordo coa disposición transitoria primeira da Lei 9/2013, do 19 de decembro, sométese o expediente a información pública por un prazo de vinte días, mediante anuncio no DOG, BOP e exposición no taboleiro de anuncios deste concello, para que quen se considere afectado dalgún modo pola actividade que se pretende establecer poida alegar o que considere oportuno. O prazo de exposición pública considérase aberto desde o día seguinte ao da publicación do primeiro anuncio e rematado transcorridos vinte días desde o día seguinte ao da publicación do último anuncio. O expediente estará á disposición do público e pódese consultar no Rexistro Xeral do Concello de Nigrán durante as horas de oficina.

Nigrán, 3 de xuño de 2014

Alberto Valverde Pérez
Alcalde