Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32130

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dozón

ANUNCIO de información pública sobre ampliación de explotación avícola.

SAT Saa solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a ampliación de explotación avícola que se situará en Saa-Dozón. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Dozón, 5 de febreiro de 2014

Adolfo Campos Panadeiros
Alcalde