Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 138 Martes, 22 de xullo de 2014 Páx. 32026

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (1691/2012).

M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 1691/2012, seguido por instancia de María Isabel Pérez Santana, José Manuel Lorenzo Rodríguez, Sonia Villarino Rodríguez, María Carmen Vázquez Bellas contra Transportes Internos y Maquinaria, S.L., Gallega de Alquiler Obras y Servicios, S.L. (Gados, S.L.), Gados, S.L., Construcciones Obras Vías y Saneamientos, S.L., Auxiliar de Servicios Forestales Gallegos, S.L., Empresa de Desbroces de La Limia, S.L., Oserca Sociedad Limitada, S.L., Construcciones y Actividades Técnicas de Limpieza y Obras (Castelo), sobre reclamación de cantidade, se ditou con data 6 de xuño de 2014 sentenza, que copiada nos particulares necesarios di:

«Decidimos: que estimando en parte o recurso de suplicación interposto por Carmen Vázquez Bellas contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 4 de Ourense, en xuízo seguido por instancia da recorrente contra as empresas Transportes Internos y Maquinaria, S.L.; Gallega de Alquiler Obras y Servicios, S.L. (Gados, S.L.); Auxiliar de Servicios Forestales Gallegos, S.L. (Asefoga, S.L.); Construcciones Obras Vías y Saneamientos, S.L. (Convisa, S.L.); Construcciones y Actividades Técnicas de Limpieza y Obras, S.L. (Castelo); Empresa de Desbroces de La Limia, S.L. e Oserca Sociedad Limitada, S.L.), a sala revógaa parcialmente, e fixa a cantidade debida a Carmen Vázquez Bellas en 952,825 €, e mantén en todos os seus termos o resto do pronunciamento da sentenza.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, facéndolles saber que contra esta só cabe recurso de casación para unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes á notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 220 e seguintes da Lei de xurisdición social. Se a recorrente non estiver exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto número 1552 0000 80 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala número 1552 0000 37 (nº de recurso) (dúas últimas cifras do ano)».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Oserca Sociedad Limitada, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de xuño de 2014

A secretaria xudicial