Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 137 Luns, 21 de xullo de 2014 Páx. 31867

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (528/2013).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento seguridade social 528/2013 deste xulgado do Social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Pacasucha, S.L., Instituto Nacional da Seguridade Social, sobre seguridade social, se ditou a seguinte sentenza, cuxa resolución di:

Que estimando a demanda interposta por Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra Pacasucha, S.L., declaro a empresa responsable directa e principal do aboamento das prestacións anticipadas pola Mutua, condenando a mercantil demandada a que reintegre á Mutua a cantidade de 748,23 euros € en concepto de prestacións de IT derivadas do proceso de incapacidade temporal aboadas pola demandante á traballadora María Lucero Nieva Hurtado.

Notifíquese esta resolución ás partes ás que se lles fará saber que non é firme e contra ela cabe interpor recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, Sala do Social, no prazo de cinco días contado desde a notificación desta sentenza, por comparecencia ou por escrito, pasados os cales quedará firme e se arquivará.

Así, por esta miña sentenza, que pronuncio, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Pacasucha S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia da Coruña.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de xuño de 2014

A secretaria xudicial