Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31513

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

ANUNCIO do 14 de maio de 2014, da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, pola que se notifica a Resolución do 15 de abril de 2013 ditada no expediente sancionador en materia de xogo número P-26/13.

Segundo consta no expediente, despois de intentar a práctica da notificación á entidade Piruxa Hostelería, S.L. en relación co expediente sancionador en materia de xogo P-26/13, que se relaciona no anexo que se xunta, non foi posible efectuala, polo que esta Dirección Xeral de Emerxencias e Interior acorda proceder á notificación da dita resolución por medio da súa publicación no Diario Oficial de Galicia e no taboleiro de edictos do Concello de Vigo, ao abeiro do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (modificada pola Lei 24/2001, do 27 de decembro).

O/a interesado/a poderá examinar a citada resolución completa no Servizo de Xogo da Dirección Xeral de Emerxencias e Interior, sito na rúa Roma, 25-27, Santiago de Compostela, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

De acordo co disposto nos artigos 114 e 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, modificados pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, contra a resolución do expediente indicado, que non esgota a vía administrativa, poderá o/a interesado/a interpor recurso de alzada ante o vicepresidente e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da notificación desta resolución. O dito recurso ou calquera outro que considere pertinente ao seu dereito poderá interporse ante esta dirección xeral e/ou ante a Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

Santiago de Compostela, 14 de maio de 2014

Santiago Villanueva Álvarez
Director xeral de Emerxencias e Interior

ANEXO

Expediente: P-26/13.

Interesada: Piruxa Hostelería, S.L.

DNI/NIF: B277658874.

Último enderezo coñecido: rúa Genaro de la Fuente, 4, Vigo (Pontevedra).

Data da resolución: 15 de abril de 2014.

Tipificación e precepto infrinxido: leve, artigo 30.c) da Lei 14/1985, do 23 de outubro.

Sanción: apercibimento.