Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31510

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza

RESOLUCIÓN do 11 de xullo de 2014, da Secretaría Xeral de Medios, pola que se anuncia a licitación, documentalmente simplificada polo procedemento aberto non suxeito a regulación harmonizada, para a subministración e instalación de equipamento para a rede de homoxeneización en UHF para os múltiples dixitais de titularidade pública da Comunidade Autónoma de Galicia (tres lotes), cofinanciado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional, no marco do programa operativo Feder 2007-2013 (80 % de cofinanciamento), eixe 1, tema prioritario 10 (expediente 2-2014).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Secretaría Xeral de Medios da Presidencia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Subdirección Xeral de Réxime Xurídico e Xestión de Medios Audiovisuais.

c) Teléfonos: 981 54 43 81/981 54 58 74.

2. Obxecto do contrato.

a) Descrición do obxecto: subministración e instalación de equipamento para a rede de homoxeneización en UHF para os múltiplex dixitais de titularidade pública da Comunidade Autónoma de Galicia.

b) División por lotes e número: si, tres lotes.

c) Prazo de execución: ata o 31 de decembro de 2014.

3. Tramitación e procedemento: aberto non suxeito a regulación harmonizada documentalmente simplificado.

4. Orzamento de licitación: o orzamento máximo autorizado é de 81.560,00 €, máis 17.127,60 € en concepto de IVE, o que supón un total de 98.687,60 €, que se distribúen nos seguintes lotes:

Lotes

Orzamento neto

IVE

Orzamento total

Lote 1

26.960,00 €

5.661,60 €

32.621,60 €

Lote 2

32.780,00 €

6.883,80 €

39.663,80 €

Lote 3

21.820,00 €

4.582,20 €

26.402,20 €

5. Garantías: provisional (non)/definitiva si (o 5 % do importe de adxudicación excluído o IVE).

6. Lugar e prazo de presentación de proposicións.

a) Data limite de presentación: quince días naturais, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio no DOG (ás 14.00 horas).

b) Documentación que hai que presentar: a indicada no prego de cláusulas administrativas particulares e folla de especificacións técnicas.

c) Lugar de presentación:

– Rexistro Xeral da Xunta de Galicia. Edificio Administrativo San Caetano, s/n, 15781 Santiago de Compostela (A Coruña).

– Por correo na forma indicada no artigo 80.4 do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións, aprobado polo Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro (fax 981 54 12 89).

7. Obtención da documentación e da información.

Poderanse obter os pregos relativos a esta contratación no enderezo da internet http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20858, así como nas dependencias da Secretaría Xeral de Medios no Edificio Administrativo de San Caetano en Santiago de Compostela (A Coruña).

8. Apertura de proposicións.

Anunciarase no perfil do contratante a convocatoria das mesas públicas para a apertura dos sobres B e C.

9. Criterios que servirán de base para a adxudicación do contrato e a súa ponderación.

Os sinalados no punto 10 da folla de especificacións do prego de cláusulas administrativas particulares

10. O importe do anuncio relativo a esta contratación.

Será por conta do adxudicatario, que deberá aboalo con anterioridade ao asinamento do contrato.

Santiago de Compostela, 11 de xullo de 2014

Mar Sánchez Sierra
Secretaria xeral de Medios