Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31503

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (967/2012).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 967/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jaime Liñares Manteiga contra a Agrupación de Comerciantes de Santiago, José Antonio Seijas Castro, José Antonio Alvite Iglesias, Xosé Antón Pedreira Miras, Antonio Pérez Casas, José Antonio López Gómez, José Cortes Prado, José Chaves Vites, Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Ismael López Silva, María Luisa Taboras Lores, Rosa Guillén Casas, Marina Ponte Santasmariñas, Vicente López Veiga, Francisco Manuel Loimil Loureiro, José Oreiro Lameiro, sobre ordinario, se ditou sentenza número 241, cuxos encabezamento e decisión son do teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de Jaime Liñares Manteiga, asistido polo letrado Sr. Febrero Bande, fronte á entidade Agrupación de Comerciantes de Santiago (Acotes), que non comparece malia constar debidamente citada, José Antonio López Gómez, José Cortés Prado, José Severino Chaves Vites, María Luisa Tábora Lores, Antonio Pérez Casas e José Cortés Prado, asistidos polo letrado Sr. Freijeiro Otero, fronte a Rosa Guillán Casas, José Antonio Seijas Castro, José Oreiro Lameiro, Marina Ponte Santasmarinas e José Antonio Alvite Iglesias, representados polo procurador Sr. Regueiro Muñoz e asistidos polo letrado Sr. Nogueira, fronte a Francisco Manuel Loimil Loureiro, Vicente Adolfo López Veiga e Ismael López Silva, asistidos polo letrado Sr. Nogueira, e fronte ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceu malia constar debidamente citado.

Decisión que, estimando a excepción de incompetencia de xurisdición formulada por José Antonio López Gómez, José Cortés Prado, José Severino Chaves Vites, María Luisa Tábora Lores, Antonio Pérez Casas e José Cortés Prado e, por tanto, a excepción de falta de lexitimación pasiva de José Antonio López Gómez, José Cortés Prado, José Severino Chaves Vites, María Luisa Tábora Lores, Antonio Pérez Casas, José Cortés Prado, Rosa Guillán Casas, José Antonio Seijas Castro, José Oreiro Lameiro, Marina Ponte Santasmarinas, José Antonio Alvite Iglesias, Francisco Manuel Loimil Loureiro, Vicente Adolfo López Veiga e Ismael López Silva e a falta de acción do demandante fronte a estes, estimo parcialmente a demanda formulada por Jaime Liñares Manteiga fronte á entidade Acotes, José Antonio López Gómez, José Cortés Prado, José Severino Chaves Vites, María Luisa Tábora Lores, Antonio Pérez Casas, José Cortés Prado, Rosa Guillán Casas, José Antonio Seijas Castro, José Oreiro Lameiro, Marina Ponte Santasmarinas, José Antonio Alvite Iglesias, Francisco Manuel Loimil Loureiro, Vicente Adolfo López Veiga, Ismael López Silva e o Fogasa e, en consecuencia:

1. Declaro extinguida no día de hoxe (16.6.2014) a relación laboral existente entre Jaime Liñares Manteiga e a entidade Acotes, e condeno a Acotes a aboarlle ao demandante a cantidade de 47.939,18 euros en concepto de indemnización.

2. Declaro o dereito do demandante a percibir a cantidade de 39.266,16 euros en concepto de salarios, pagas extraordinarias e vacacións, e condeno a Acotes a aboar a dita cantidade incrementada co 10 % de xuros de mora ex artigo 29.3 do ET.

3. Declaro que non procede condenar nesta instancia o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade nos termos do artigo 33 do ET.

4. Absolvo a José Antonio López Gómez, José Cortés Prado, José Severino Chaves Vites, María Luisa Tábora Lores, Antonio Pérez Casas, José Cortés Prado, Rosa Guillán Casas, José Antonio Seijas Castro, José Oreiro Lameiro, Marina Ponte Santasmarinas, José Antonio Alvite Iglesias, Francisco Manuel Loimil Loureiro, Vicente Adolfo López Veiga e Ismael López Silva de todas as pretensións fronte a eles deducidas.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que fronte a esta cabe recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal deberá anunciarse neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes á notificación desta resolución, e abondará a manifestación da parte ou do seu avogado ou representante dentro do indicado prazo.

Prevense a empresa demandada que para recorrer deberá acreditar ter ingresado na conta de consignacións deste xulgado o importe da condena ou aval bancario solidario e 150,00 euros en concepto de depósito, sen cuxo requisito non será admitido a trámite o recurso, e quedará firme a sentenza.

Así o acorda, manda e asina Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma á Agrupación de Comerciantes de Santiago (Acotes), en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción en Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2014

A secretaria xudicial