Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31533

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 27 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, polo que se convoca para a redacción das actas previas á ocupación dos bens e dereitos afectados por unha instalación eléctrica (expediente IN407A 2007/169-3 AT).

Instalación: LAT 132 kV O Irixo-Lalín (O Irixo).

Entidade beneficiaria: Unión Fenosa Distribución, S.A.

Data, lugar e hora da convocatoria: 25, 26, 27 e 28 de agosto de 2014, na casa do Concello do Irixo das 10.00 ás 12.30.

Por Resolución da Consellería de Economía e Industria do 9 de maio de 2014 foi autorizada e declarada de utilidade pública, a favor da citada entidade beneficiaria, a liña eléctrica de referencia, coas consecuencias establecidas no artigo 56 da Lei 24/2013, do 26 de decembro, do sector eléctrico, de necesidade de ocupación dos bens ou de adquisición dos dereitos afectados e a urxente ocupación para os efectos do artigo 52 da Lei de expropiación forzosa (en diante LEF), do 16 de decembro de 1954.

Na súa virtude, en aplicación do citado artigo 52 da LEF, acordo:

Convocar os titulares dos bens e dos dereitos afectados na casa do Concello onde están os predios no día e horas indicados no encabezamento para, de conformidade co procedemento establecido, levar a cabo a redacción das actas previas á ocupación, nas cales se describirán os bens obxecto da imposición de servidume e se farán constar as manifestacións e datos que sexan útiles para determinar os dereitos afectados. A orde de redacción das actas comunicaráselle a cada interesado mediante a oportuna cédula de citación.

Os titulares dos predios afectados, que figuran na relación que se publicou no DOG do 21 de novembro de 2011, no BOP de Ourense do 28 de decembro e no xornal La Región do 20 de decembro, que se expón actualizada no taboleiro de edictos do Concello do Irixo, deberán acudir persoalmente ou representados por persoa debidamente autorizada, achegarán os documentos acreditativos da súa titularidade e o último recibo da contribución; se o consideran oportuno pódense facer acompañar dos seus peritos e dun notario, á súa custa.

Segundo establece o artigo 56 do regulamento da LEF, aprobado polo Decreto do 26 de abril de 1957, ata o mesmo momento do levantamento das actas previas os interesados poderán formular alegacións ante este organismo que expropia, para os únicos efectos de emendar posibles erros que se producisen ao relacionar os bens afectados pola urxente ocupación.

Ourense, 27 de xuño de 2014

Alfonso Tomás Paz Doniz
Xefe territorial de Ourense