Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 135 Xoves, 17 de xullo de 2014 Páx. 31530

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

RESOLUCIÓN do 10 de xullo de 2014 pola que se anuncia a licitación, polo sistema de procedemento aberto e trámite urxente, para a contratación do servizo consistente na vixilancia encargada da seguridade das obras promovidas polo Instituto Galego da Vivenda e Solo no polígono do Bertón-Ferrol (C-2008-706-707).

1. Entidade adxudicadora:

Instituto Galego da Vivenda e Solo (IGVS).

2. Obxecto do contrato:

a) Descrición do obxecto: servizo consistente na vixilancia encargada da seguridade das obras promovidas polo IGVS no polígono do Bertón (Ferrol).

b) Prazo de execución: máximo catro (4) meses.

3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

c) Forma: multicriterio.

4. Orzamento base de licitación:

a) Orzamento de licitación: corenta mil euros (48.000,00 €), IVE excluído.

b) IVE (21 %): oito mil catrocentos euros (8.400,00 €).

c) Importe total: corenta e oito mil catrocentos euros (48.400,00 €).

5. Garantías:

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % do orzamento de adxudicación, IVE excluído.

6. Requisitos específicos do contratista:

Os sinalados na epígrafe D da folla de especificacións.

7. Obtención de documentación:

– Os pregos de cláusulas administrativas particulares e prescricións técnicas polos que terá que rexerse a contratación poderán recollerse durante o prazo de presentación de proposicións no Servizo de Contratación na sede central do IGVS (polígono das Fontiñas. Área Central, s/n. Santiago de Compostela).

– Poderanse obter os pregos a través da internet no perfil do contratante no enderezo:

http://www.contratosdegalicia.es/resultado.jsp?N=20853

– Tamén no perfil do contratante:

http://igvs.xunta.es/web/igvs/329

8. Presentación das ofertas:

As proposicións, que se axustarán ao modelo que se inclúe no correspondente prego de cláusulas administrativas particulares, presentaranse no Rexistro da sede dos servizos centrais do IGVS (polígono das Fontiñas, Área Central, s/n, Santiago de Compostela) ata o oitavo (8º) día natural contado a partir do seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia. De coincidir o dito día en sábado ou festivo, o prazo para a presentación das propostas rematará o primeiro día hábil seguinte. Cando a proposición se envíe por correo, o licitador deberá xustificar a data de imposición do envío na oficina de Correos e anunciarlle ao órgano de contratación a remisión da dita oferta mediante telegrama ou fax ( 981 54 16 00) no mesmo día.

9. Posibilidade de variantes:

Non se admiten.

10. Apertura de proposicións:

O acto público de apertura do sobre B (documentación relativa a criterios non avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, nun prazo non superior a sete días contados desde a apertura da documentación administrativa que será anunciada no perfil do contratante.

O acto público de apertura do sobre C (documentación relativa a criterios avaliables de forma automática) terá lugar no salón de actos da sede dos servizos centrais do Instituto Galego da Vivenda e Solo, na data e hora que será anunciada, con tres días hábiles de antelación ao da súa realización, no perfil do contratante.

11. Gastos do anuncio:

O importe dos anuncios será por conta do adxudicatario.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2014

P.S. (Resolución do 23.6.2014)
Heriberto García Porto
Secretario xeral do Instituto galego da Vivenda e Solo