Ao abeiro do establecido na Lei 16/1987, do 30 de xullo, de ordenación dos transportes terrestres, e no seu regulamento de execución, aprobado polo Real decreto 1211/1990, do 28 de setembro, iniciouse a solicitude da empresa contratista, expediente de modificación do seguinte contrato:
Contrato: V-7053, XG-427, A Graña-Neda, con anexos.
Contratista: Tranvías del Ferrol, S.A.
Os interesados ou afectados nos expedientes poderán comparecer no procedemento e, tras o exame da documentación pertinente no Servizo de Mobilidade da Coruña (rúa Alcalde Pérez Arda, 4) efectuar as alegacións que consideren oportunas no prazo de quince días, contados a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia.
Dentro dese mesmo prazo poderase acceder á documentación en soporte electrónico mediante a súa solicitude no enderezo mobilidade.coruña@xunta.es
A Coruña, 7 de xullo de 2014
César Concheiro Ceide
Xefe do Servizo de Mobilidade