Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31419

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 4 de xullo de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo, suxeito a regulación harmonizada, para o desenvolvemento e execución do Plan de control de verteduras da Demarcación Hidrográfica de Galicia-Costa, zona sur, cofinanciado pola da Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (clave OH.988.334.SV).

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.988.334.SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia, a través de http://www.xunta.es, e desde a plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://www.augasdegalicia.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: desenvolvemento e execución do Plan de control de verteduras da Demarcación Hidrográfica de Galicia Costa. Zona Sur.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90733000-4 e 72310000-1.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S90, do 10 de maio de 2013; Diario Oficial de Galicia núm. 91, do 14 de maio, e Boletín Oficial del Estado núm. 117, do 16 de maio.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 2.024.335,18 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 1.012.167,59 euros. Importe total: 1.224.722,78 euros. Esta actuación cofinanciaraa nun 80 % a Unión Europea, no período de 2013 a 2015, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos, tema prioritario ou medida 46: tratamento de auga (auga residual), actuación 3.46.10: actuacións e medidas encamiñadas ao control de verteduras e da contaminación das masas de auga. «Unha maneira de facer Europa».

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 13 de maio de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 26 de xuño de 2014.

c) Contratista: Ain Active, S.L.U. & Vehículos, Equipamientos y Carrocerías Prieto Puga, S.L., Unión Temporal de Empresas Lei 18/1982.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 851.074,38 euros. Importe total: 1.029.800 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foilles debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 4 de xullo de 2014

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia

missing image file