1. Entidade adxudicadora.
a) Organismo: Augas de Galicia.
b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.
c) Número de expediente: OH.088.341.SV.
d) Enderezo da internet do perfil do contratante:
http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216
Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia, a través de http://www.xunta.es, e desde a plataforma de contratación del sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web http://www.augasdegalicia.xunta.es
2. Obxecto do contrato.
a) Tipo: administrativo de servizo.
b) Descrición: apoio técnico á dirección dos traballos de mantemento, conservación e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa 2013-2015.
c) CPV (referencia de nomenclatura): 71300000-4.
d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.
e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S186, de 25 de setembro de 2013 (c.e. DOUE nº S212, do 31 de outubro); Diario Oficial de Galicia núm. 185, do 27 de setembro (c.e. DOG nº 211, do 5 de novembro), e Boletín Oficial del Estado núm. 235, do 1 de outubro (c.e. BOE nº 267, do 7 de novembro).
3. Tramitación e procedemento.
a) Tramitación: ordinaria.
b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.
4. Valor estimado do contrato: 685.622,78 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas.
5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 342.811,39 euros. Importe total: 414.801,78 euros. Esta actuación cofinanciaraa nun 80 % a Unión Europea, no período de 2013 a 2015, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos; tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos (incluídas a elaboración e a aplicación de plans e medidas para prever e xestionar os riscos naturais e tecnolóxicos), actuación 3.53.3: recuperación, limpeza e drenaxe de canles. «Unha maneira de facer Europa».
6. Formalización do contrato.
a) Data de adxudicación: 14 de maio de 2014.
b) Data de formalización do contrato: 6 de xuño de 2014.
c) Contratista: SGS Tecnos, S.A.
d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 281.790,96 euros. Importe total: 340.967,06 euros.
e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.
7. Outras informacións.
A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foilles debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.
O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.
Santiago de Compostela, 3 de xullo de 2014
Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia