Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31422

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 23 de xuño de 2014 de emprazamento para o trámite de audiencia no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/78/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu destinatario ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a César Rodríguez López para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/78/2013, en relación coas obras de instalación dunha casa prefabricada e dunha construción de madeira, que se levan a cabo no lugar da Torre- Pedreda, no termo municipal de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición do interesado na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o dito prazo, a notificación entenderase producida.

O interesado disporá dun prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 23 de xuño de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística