Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31426

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 30 de xuño de 2014 pola que se notifica o acordo de execución subsidiaria de orde de demolición do expediente 107 B 2001/80-0, devolta polo servizo de Correos por resultar o seu interesado ausente na repartición.

A directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, o día 30 de maio de 2014, ditou resolución pola que se dispón a execución forzosa, mediante a execución subsidiaria á custa da entidade mercantil Las Cinco Jotas de Galicia, S.L. e dos seus socios e partícipes, da Resolución do 11 de abril de 2001, que ordenou a demolición das obras executadas sen autorización urbanística autonómica, consistentes na construción dunha nave almacén de planta baixa e de ampliación doutra nave existente mediante a adición dunha cuberta entre ambas as naves que cobre o camiño público denominado Xosín, en Candeán, no termo municipal de Vigo, provincia de Pontevedra.

Ao non poderse realizar a notificación persoal daquela resolución á entidade Las Cinco Jotas de Galicia, S.L., mediante esta cédula e ao abeiro do disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXPAC), notifícaselle ao interesado a devandita resolución.

Tendo en conta que, en atención ao previsto no artigo 61 da LRXPAC, o acto non se publica na súa integridade, fáiselle saber ao interesado que o texto íntegro da resolución que se notifica se encontra ao seu dispor nas dependencias da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística sitas no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcurrido o devandito prazo a notificación entenderase producida.

Contra a devandita resolución, que pon fin á vía administrativa, o interesado pode interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, contado a partir do día seguinte a aquel en que se teña producido a notificación, ante a directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, significándolle que o recurso unicamente será admisible por motivos de infracción do ordenamento inherentes ao acordo de execución subsidiaria, sendo motivo de inadmisión a reiteración das mesmas razóns que se esgrimiron ou puideron esgrimirse fronte á resolución da cal o presente acordo é un mero acto de execución.

Se non exercer o seu dereito a presentar recurso potestativo de reposición, pode interpoñer directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses desde o día seguinte ao da presente notificación, ante o Xulgado do Contencioso-Administrativo en cuxa circunscrición radique o inmoble afectado, conforme o disposto no artigo 14.1, regra terceira, da Lei 29/1998, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Para que conste e lle sirva de notificación ao citado interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 30 de xuño de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística