Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31353

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2014, do tribunal designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, pola que se fai pública a adopción de varios acordos.

En sesión que tivo lugar o día 9 de xullo de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 16 de abril de 2014, da Consellería de Facenda (DOG núm. 81, do 29 de abril), designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo superior de Administración da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala superior de finanzas, convocado pola Orde do 16 de xullo de 2013 (DOG núm. 140, do 24 de xullo), e de conformidade co disposto nas bases da convocatoria adoptou os seguintes acordos:

Primeiro. Anular, con base nas alegacións presentadas, as preguntas número 63, 87, 142 e 144 do primeiro exercicio, que pasan a ser substituídas, por orde correlativa, polas preguntas de reserva número 151, 152 e 153.

Segundo. Modificar o cadro de respostas con respecto da pregunta número 93 do cuestionario, establecendo como correcta a resposta d).

Terceiro. Desestimar na súa totalidade as restantes reclamacións e alegacións presentadas.

Cuarto. De conformidade co disposto na base II.1.1.1 da orde de convocatoria, superaron o primeiro exercicio os aspirantes que obtiveron unha puntuación mínima de dez (10) puntos, fixándose en sesenta e cinco (65) o número de respostas correctas para acadar a dita puntuación, unha vez feitas as deducións previstas na dita base.

Quinto. Realizar os trámites oportunos para publicar as puntuacións obtidas polos/as aspirantes que se presentaron ao primeiro exercicio do proceso selectivo no lugar onde se realizou o exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Sexto. De acordo co disposto na base II.2.7 da orde da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas en relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Sétimo. De conformidade co disposto na base IV.13 da convocatoria, contra este acordo poderase interpor recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2014

Silvia Alfaya Portela
Presidenta do tribunal