Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 134 Mércores, 16 de xullo de 2014 Páx. 31355

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

RESOLUCIÓN do 9 de xullo de 2014, do tribunal de selección designado para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (Diario Oficial de Galicia número 122, do 28 de xuño) pola que se dá publicidade a diversos acordos.

Na sesión que tivo lugar o 9 de xullo de 2014, o tribunal nomeado pola Orde do 6 de febreiro de 2014 (DOG núm. 36, do 21 de febreiro) para xulgar o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño), de conformidade co disposto na base II.1.1.2:

ACORDOU:

Primeiro. Publicar as puntuacións obtidas polos aspirantes presentados ao segundo exercicio do proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo de grao medio da Xunta de Galicia, subgrupo A2, escala de axudantes de arquivos, bibliotecas e museos, especialidade de arquivos, no lugar de realización do exercicio, no taboleiro de anuncios do Servizo de Información e Atención ao Cidadán da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e na páxina web da Xunta de Galicia (www.xunta.es).

Segundo. De acordo co disposto na base II.1.2.7 da convocatoria, os aspirantes poderán presentar as alegacións que consideren oportunas con relación coas puntuacións no prazo de dez (10) días hábiles contados desde o seguinte á publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia.

Terceiro. De acordo co disposto na base II.1.1.4 da orde da convocatoria, os aspirantes que superaron o segundo exercicio disporán dun prazo de dez (10) días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Diario Oficial de Galicia, para presentar a documentación xustificativa (orixinal ou fotocopia debidamente compulsada) de estar en posesión do Celga 4, ou equivalente debidamente homologado polo órgano competente en materia de política lingüística da Xunta de Galicia, de acordo coa disposición adicional segunda da Orde do 16 de xullo de 2007, pola que se regulan os certificados oficiais acreditativos dos niveis de coñecemento da lingua galega (publicada no DOG núm. 146, do 30 de xullo), para os efectos da exención prevista no cuarto exercicio. Esta documentación presentarase nas oficinas de rexistro da Xunta de Galicia, oficinas de Correos e demais lugares previstos no artigo 38 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Cuarto. De conformidade co disposto na base III.13 da orde da convocatoria, contra este acordo poderase interpoñer recurso de alzada nos termos previstos nos artigos 114 e seguintes da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Santiago de Compostela, 9 de xullo de 2014

María del Mar García Miraz
Presidenta do tribunal