Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31291

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Augas de Galicia

RESOLUCIÓN do 2 de xullo de 2014 pola que se fai pública a formalización do contrato administrativo de servizo, suxeito a regulación harmonizada, para as actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público hidráulico nas bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona de Galicia-Centro e as súas zonas de acceso e protección 2013-2015, cofinanciado pola Unión Europea a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder) no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013 (clave OH.488.339.SV).

missing image file

1. Entidade adxudicadora.

a) Organismo: Augas de Galicia.

b) Dependencia que tramita o expediente: Contratación.

c) Número de expediente: OH.488.339.SV.

d) Enderezo da internet do perfil do contratante:

http://www.contratosdegalicia.es/consultaOrganismo.jsp?N=216

Tamén se terá acceso ao perfil desde a plataforma de contratos públicos de Galicia a través de http://www.xunta.es e desde a plataforma de contratación do sector público https://contrataciondelestado.es, por medio de enlaces de interese ás plataformas de contratación das comunidades autónomas e na páxina web: http://www.augasdegalicia.xunta.es

2. Obxecto do contrato.

a) Tipo: administrativo de servizo.

b) Descrición: actuacións de conservación, mantemento e mellora do dominio público hidráulico das bacías de Galicia-Costa, no ámbito territorial da zona de Galicia-Centro e das súas zonas de acceso e protección 2013-2015.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 90000000-7 e 45246200-5.

d) Medio de publicación do anuncio de licitación: DOUE, DOG e BOE.

e) Data de publicación do anuncio de licitación: Diario Oficial de la Unión Europea núm. S143, do 25 de xullo; Diario Oficial de Galicia núm. 145, do 31 de xullo, e Boletín Oficial del Estado núm. 185, do 3 de agosto de 2013.

3. Tramitación e procedemento.

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: aberto, con varios criterios de valoración e suxeito a regulación harmonizada.

4. Valor estimado do contrato: 1.574.449,96 euros. Inclúe os orzamentos de licitación e das eventuais prórrogas.

5. Orzamento base de licitación. Importe neto: 787.224,98 euros. Importe total: 952.542,23 euros. Esta actuación cofinanciaraa nun 80 % a Unión Europea, no período de 2013 a 2015, a través do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (Feder), no marco do programa operativo Feder Galicia 2007-2013, eixe prioritario de intervención 3: ambiente, contorno natural, recursos hídricos e prevención de riscos; tema prioritario ou medida 53: prevención de riscos (incluídas a elaboración e aplicación de plans e medidas para prever e xestionar os riscos naturais e tecnolóxicos); actuación 3.53.3: recuperación, limpeza e drenaxe de canles. «Unha maneira de facer Europa».

6. Formalización do contrato.

a) Data de adxudicación: 15 de maio de 2014.

b) Data de formalización do contrato: 6 de xuño de 2014.

c) Contratista: S.A. de Gestión de Servicios y Conservación, Geseco.

d) Importe ou canon de adxudicación. Importe neto: 716.000 euros. Importe total: 866.360 euros.

e) Vantaxes da oferta adxudicataria: proposición economicamente máis vantaxosa por obter a maior puntuación total con base na aplicación dos criterios de valoración establecidos no prego de cláusulas administrativas particulares, nos cales se inclúen as características que determinan a selección da súa oferta con preferencia á dos restantes licitadores admitidos no procedemento de adxudicación correspondente.

7. Outras informacións.

A adxudicación do citado contrato, en cumprimento do artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, e conforme o disposto no prego de cláusulas administrativas particulares, foi debidamente notificada aos licitadores e publicada no perfil do contratante.

O que se fai público para os efectos previstos no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público.

Santiago de Compostela, 2 de xullo de 2014

Gonzalo Mosqueira Martínez
Director de Augas de Galicia