Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31289

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería do Medio Rural e do Mar

ANUNCIO do 10 de xullo de 2014 da Xunta Electoral constituída para os procesos electorais para a renovación dos órganos de goberno das confrarías de pescadores de Galicia (Confraría de Pescadores de Raxó).

A Xunta Electoral, na súa reunión que tivo lugar o día 9 de xullo de 2014, acordou por unanimidade paralizar de oficio as eleccións na Confraría de Pescadores de Raxó, anular as votacións realizadas o pasado 28 de xuño de 2014 para esa confraría e retrotraer ese proceso ao día de realización de votacións, que terá lugar o día 19 de xullo de 2014, de conformidade co novo calendario que se aproba para estas eleccións e que se xunta con este anuncio, consonte o artigo 4.9 da Orde do 29 de abril de 2014 pola que se regulan as eleccións para a renovación dos órganos reitores de confrarías de pescadores de Galicia e das súas federacións.

O que se fai público para xeral coñecemento.

Santiago de Compostela, 10 de xullo de 2014

Juan Maneiro Cadillo
Presidente da Xunta Electoral

ANEXO
Novo calendario electoral para as eleccións á
confraría de pescadores de Raxó

O mes de agosto é inhábil.

19 de xullo: celebración de novas eleccións.

21 de xullo: proclamación provisional de electos.

24 de xullo: remate do prazo para a presentación de recursos contra a proclamación provisional.

28 de xullo: remate do prazo para resolver recursos contra a proclamación provisional.

29 de xullo: proclamación definitiva de vogais.

30 de xullo: sesión constitutiva da xunta xeral e toma de posesión.

31 de xullo: remisión de actas de elección do patrón maior.

2 de setembro: data máxima de constitución das xuntas directivas das agrupacións.

3 de setembro: prazo máximo para interpoñer recursos sobre a proclamación dos órganos reitores.

4 de setembro: data máxima de resolución dos recursos sobre a proclamación dos órganos reitores.

5 de setembro: proclamación definitiva dos órganos reitores.

7 de setembro: toma de posesión nos seus cargos dos órganos reitores.

8 de setembro: remisión da acta de toma de posesión do patrón maior.

9 de setembro: disolución da comisión electoral e da mesa electoral.