De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (BOE núm. 285, do 27 de novembro), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro (BOE núm. 12, do 14 de xaneiro), notifícaselle ao titular que no anexo se menciona a resolución do expediente sancionador en materia de turismo por infracción da Lei 7/2011, do 27 de outubro, do turismo de Galicia, xa que, intentada polos medios habituais, non se puido efectuar a notificación.
Esta resolución non esgota a vía administrativa e contra ela os interesados poderán interpoñer recurso de alzada, ante a directora da Axencia Turismo de Galicia, no prazo dun (1) mes desde o día seguinte ao da súa publicación, sen prexuízo de que os interesados poidan interpoñer calquera outro que xulguen oportuno.
De non presentar recurso no dito prazo, a sanción devirá firme e poderá facerse efectiva en período voluntario nos seguintes prazos: a) Publicación entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data de publicación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato hábil seguinte; b) Publicación entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da publicación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato seguinte. O pagamento realizarase por transferencia bancaria mediante os impresos formalizados que lles serán facilitados nas dependencias desta área provincial, a favor do Tesouro da Facenda galega. De non efectuarse o ingreso no citado prazo, procederase á súa exacción por vía de constrinximento, segundo o disposto pola Orde do 23 de novembro de 2001, da Consellería de Economía e Facenda (DOG núm. 235, do 5 de decembro).
A Coruña, 2 de xullo de 2014
P.S. (Resolución do 30.1.2014)
Crisanto Jesús Lamela Rozas
Xefe da Sección de Infraestrutura Turística
ANEXO
Expediente: AC-064/2014.
Denunciado: Juan Manuel Muñiz Quintas.
NIF: 33280861-E.
Establecemento: café bar Baco.
Enderezo: Pablo Iglesias, 19.
Localidade: Boiro.
Precepto infrinxido: artigo 109.2, alíneas a) e b), da Lei 7/2011.
Resolución: 9 de xuño de 2014.
Sanción: multa de douscentos vinte e cinco euros (225 €).