Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31316

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Meira

ANUNCIO de información pública sobre a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal.

O Pleno Municipal acordou, o 9 de xuño de 2014, aprobar inicialmente a modificación puntual do Plan xeral de ordenación municipal de Meira, mediante a delimitación dos núcleos rurais de Riocabo, A Pena, A Valiña e Paredes. De conformidade co disposto na disposición adicional segunda da Lei 9/2002, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, sométese o expediente a información pública polo prazo dun mes, contado desde a publicación deste anuncio no DOG, para que os interesados poidan examinar o expediente no Concello, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres e, de ser o caso, formular as alegacións que consideren oportunas.

Meira, 17 de xuño de 2014

Ramiro Pérez Freijo
Alcalde