Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31315

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Dozón

ANUNCIO de información pública sobre a construción de dúas naves para galiñas reprodutoras en Monte Medo-O Sisto.

Agro Avícola 3, S.L. solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a construción de dúas naves para galiñas reprodutoras que se situarán en Monte Medo-O Sisto. En cumprimento do disposto no artigo 8.1 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese a información pública polo período de vinte (20) días hábiles, co fin de que durante este –que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no DOG– poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas polas actividades que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Dozón, 16 de maio de 2014

Adolfo Campos Panadeiros
Alcalde