Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 133 Martes, 15 de xullo de 2014 Páx. 31317

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourense

ANUNCIO da aprobación definitiva de estudo de detalle (expediente 2013010722).

Anúnciase, de conformidade co disposto no artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, que o Concello Pleno, en sesión ordinaria do día 6 de xuño do ano 2014, adoptou, entre outros, o acordo cuxa parte dispositiva di:

«O Pleno do Concello, por vinte e dous votos a favor dos grupos municipais do Partido Popular e PSdeG-PSOE, e cinco abstencións dos grupos municipais do Bloque Nacionalista Galego e Democracia Ourensana, adoptou o seguinte acordo:

1. Aprobar definitivamente o estudo de detalle de reaxuste de aliñacións e rasantes na rúa da Asunción, por pedimento de Bautista Rodríguez Díaz en representación da Xunta de Compensación da zona 4 do SU-25, segundo o documento refundido presentado no concello o 27 de maio de 2014, rexistro de entrada número 2014027065, no cal se varía o plano nº 2, nos termos que figura en certificación do enxeñeiro de camiños, canles e portos, Manuel Durán Fuentes, do mesmo día, en relación co documento aprobado inicialmente o 27 de xaneiro de 2014 pola Xunta de Goberno Local dilixenciado pola Secretaría de dito órgano.

2. Comunicar este acordo á Secretaría Xeral de Ordenación do Territorio e Urbanismo da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia xunto con copia autenticada de dous exemplares do documento aprobado definitivamente con todos os planos e documentos que o integran, debidamente dilixenciados.

3. Notificalles este acordo aos interesados e publicalo no Diario Oficial de Galicia con mención expresa do previsto no artigo 92.3 da Lei 9/2002 e do réxime de recursos».

Contra esta resolución, que é definitiva na vía administrativa, poderase interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da publicación deste anuncio. Non obstante, poderase interpoñer calquera outro recurso que se considere oportuno.

Todo isto conforme o disposto nos artigos 52 da Lei reguladora das bases do réxime local; 194 e concordantes do Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das entidades locais; 58 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; 10 e 46 da Lei da xurisdición contencioso-administrativa, e demais de aplicación.

Con data do 18 de xuño de 2014 recibiu o expediente a Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas.

Ourense, 18 de xuño de 2014

Agustín Fernández Gallego
Alcalde presidente