Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31084

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

ACORDO do 6 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, polo que se anuncia o levantamento das actas previas á ocupación de bens e dereitos afectados polas instalacións eléctricas LMT, CT e RBT Vilacacín (Cedeira) (expediente 237/2011).

Outorgada a declaración de utilidade pública que leva implícita a urxente ocupación dos bens e dereitos afectados polas instalacións da liña eléctrica subterránea a 20 kV, cunha lonxitude de 2×0,317 km, con orixe na LMTS entre o CT Caixa de Aforros e o CT Vila e final na mesma liña con entrada e saída no centro de transformación que se instalará no lugar de Vilacacín, no termo municipal de Cedeira (expediente 237/2011), por resolución desta xefatura territorial do 10 de marzo de 2014, a favor da entidade beneficiaria Unión Fenosa Distribución, S.A. con enderezo na avenida de Arteixo, nº 171, 15007 da Coruña.

Esta xefatura territorial acorda sinalar o día 14 de agosto de 2014 para o levantamento das actas previas á ocupación, de conformidade cos artigos 52 da Lei de expropiación forzosa do 16 de decembro de 1954 e 56 do seu Regulamento do 26 de abril de 1957, en que se describirán os bens ou dereitos expropiables e de imposición de servidume de paso de enerxía eléctrica, contidos na relación de predios que se expón xunto con esta resolución no taboleiro de edictos do Concello de Cedeira, deducida da que se someteu a información pública no DOG, BOP e no xornal La Voz de Galicia con datas 23 de setembro, 14 de setembro e 8 de setembro de 2011, respectivamente, acto ao cal deberán concorrer os propietarios propostos dos predios afectados, aos que se lles practicará notificación individual, sinalándoselles os horarios de toma de datos sobre o terreo e do levantamento efectivo das actas nas oficinas da referida Casa do Concello.

Esta publicación realizarase igualmente para os efectos do artigo 59.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, cando os titulares dos predios propostos sexan descoñecidos ou se ignore o lugar de notificación; e así dirixir ao Ministerio Fiscal as dilixencias que se produzan destes, de conformidade co artigo 5 da devandita Lei de expropiación forzosa.

A Coruña, 6 de xuño de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña