Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31085

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Economía e Industria

RESOLUCIÓN do 11 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial da Coruña, pola que se somete a información pública a petición de autorización administrativa dunha instalación eléctrica no concello de Melide (expediente IN407A 2009/499-1).

Para os efectos previstos na Lei 54/1997, do 27 de novembro (BOE núm. 285), do sector eléctrico, e no título VII do Real decreto 1955/2000, do 1 de decembro (BOE núm. 310), polo que se regulan as actividades de transporte, distribución, comercialización, subministración e procedementos de autorización de instalacións de enerxía eléctrica, sométese a información pública a petición de autorización administrativa da instalación eléctrica que se describe:

Expediente: IN407A 2009/499-1.

Solicitante: Fuciños Rivas, S.L.

Domicilio social: rúa Rocamador, 2, 15800 Melide.

Denominación: LMTS, CT avenida de Toques.

Situación: concello de Melide.

Características técnicas:

LMT subterránea, a 15/20 kV, en simple circuíto, de 165 metros de lonxitude total, en condutor tipo RHZ1-OL 12/20 kV 3(1×95 mm2 Al), con orixe en cela de liña existente no CT Pilar II (expediente IN407A 2007/360-1) e remate en cela de liña do CT proxectado.

Centro de transformación (CT), non prefabricado de obra civil, compacto de manobra exterior, proxectado en local específico nos baixos do edificio de nova construción emprazado na avenida de Toques, de 400 kVA de potencia e relación de transformación 15-20/0,4-0,23 kV, cunha configuración de celas modulares 2L+1P, con illamento en SF6, dotado co seu correspondente conxunto de dispositivos regulamentarios de protección e manobra e cadro de baixa tensión con oito (8) saídas.

Todas aquelas persoas ou entidades que se consideren afectadas poderán examinar o expediente e presentar as súas alegacións nesta xefatura territorial, situada no Edificio Administrativo de Monelos; rúa Vicente Ferrer, 2, 2º andar, 15071 A Coruña, no prazo de vinte días a partir do día seguinte ao da última publicación desta resolución.

A Coruña, 11 de xuño de 2014

Isidoro Martínez Arca
Xefe territorial da Coruña