Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31091

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Ourense, pola que se notifica a resolución do expediente sancionador 2014063TA-OU, incoado por infraccións en materia sanitaria.

Con data do 13 de maio de 2014, a xefa territorial de Ourense acordou a resolución do expediente sancionador 2014063TA-OU, incoado a Rodríguez Mora, Ángel, DNI 11813494G, con domicilio en Outeiro Grande, s/n, 32579 Maside (Ourense).

Intentada a notificación deste acordo segundo o disposto no artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio da presente cédula, e segundo o disposto no número 5 do referido artigo, notifícase a Rodríguez Mora, Ángel, DNI 11813494G, con domicilio en Outeiro Grande, s/n, 32579 Maside (Ourense), o contido do referido acordo de resolución que figura como anexo, para que poida ter coñecemento deste.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que lle asiste para interpoñer recurso de alzada ante a conselleira de Sanidade no prazo dun mes, contado desde o día seguinte ao da publicación desta cédula, segundo establece o artigo 115 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, recordándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias de esta xefatura territorial, sita na avenida de Zamora, nº 13, Ourense, e obter, se e o caso, copia deste, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da citada Lei 30/1992, do 26 de novembro.

En caso de conformidade co contido desta resolución, o aboamento voluntario da sanción poderá facerse no seguinte prazo: 1) as notificadas entre os días 1 e 15 de cada mes, desde a data da notificación ata o día 20 do mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte, e 2) as notificadas entre os días 16 e último de cada mes, desde a data da notificación ata o día 5 do segundo mes posterior ou, se este non for hábil, ata o inmediato día hábil seguinte; todo isto mediante o ingreso que poderá efectuar en calquera oficina de NCG Banco, S.A. (Novagalicia Banco); en BBVA transacción 1316, NIF S1511001H, ou en Banesto, empregando os impresos normalizados que se lle facilitarán nas dependencias desta xefatura territorial. O pagamento voluntario porá fin ao expediente; de non facelo así, procederase ao seu cobramento por vía executiva.

A presente cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Ourense, 17 de xuño de 2014

María Villar Suárez
Xefa territorial de Ourense

ANEXO

Nº de expediente: 2014063TA-OU.

Interesado/a: Rodríguez Mora, Ángel.

DNI/NIF/CIF: 11813494G.

Último enderezo coñecido: Outeiro Grande, s/n, 32579 Maside (Ourense).

Feito imputado: infracción da lexislación aplicable en materia sanitaria.

Preceptos infrinxidos: Lei 28/2005, do 26 de decembro.

Tipificación: leve.

Sanción imposta: trinta euros (30,00 euros).