Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31089

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 17 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014149TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

Con data do 14 de maio de 2014, a xefa territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador número 2014149TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Ritmac Galicia, S.L. con CIF B94083805, como titular do establecemento Bar Restaurante km 130.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non se puido practicar, polo que, mediante esta cédula se lle notifica a Ritmac Galicia, S.L. o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que o asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, lembrándolle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación ao interesado, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 17 de xuño de 2014

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2014149TA-PO.

Denunciado: Ritmac Galicia, S.L. con CIF B94083805, como titular do establecemento Bar Restaurante km 130.

Último enderezo coñecido: lugar de Barbeita, nº 4, Carballal, 36140 Vilaboa (Pontevedra).

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos:

– Artigo 4: «A venda e a subministración a través de máquinas expendedoras realizarase de acordo coas seguintes condicións: d) Características: para garantir o uso correcto destas máquinas, deberán incorporar os mecanismos técnicos axeitados que permitan impedir o acceso aos menores de idade».

Tipificación: unha infracción administrativa tipificada como grave no artigo 19.3.n) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: seiscentos un euros (601 €).