Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 132 Luns, 14 de xullo de 2014 Páx. 31126

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 27 de xuño de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de caducidade de autorización temporal de atracada co número P2-55C das instalacións náutico-deportivas do porto de Ares.

Con data do 4 de xuño de 2014, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.a) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, acordou incoar expediente de caducidade da autorización temporal de atracada número P2-55C, da que é titular Marcos Enrique Fraga Hermida.

A instrución recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para os efectos do presente expediente na Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, de Santiago de Compostela, e cuxo réxime de abstención e recusación é o consignado nos artigo 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Intentada a notificación do acordo de incoación do expediente de caducidade no enderezo que consta no expediente, sito en Concepción Arenal, 46, 3º, de Ferrol, provincia da Coruña, a través do servizo de Correos, e ao non ser posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Ferrol o presente acordo de incoación de expediente de caducidade da autorización temporal de atracada.

O expediente incóase pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estaren pendentes de aboamento en período executivo as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, correspondentes ao segundo semestre do ano 2012.

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións perante o instrutor designado no expediente, e para estes efectos outórgase un prazo máximo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Ferrol.

De acordo co artigo 40.1.c) do Decreto 130/2013, de efectuarse o aboamento das liquidacións pendentes en vía de constrinximento antes de que se dite resolución que poña fin ao expediente, procederase ao seu arquivamento. Para proceder a aboar as ditas cantidades, poderase poñer en contacto co Departamento de Contabilidade e Tesouraría de Portos de Galicia no número de teléfono 981 54 53 41.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a presente cédula.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia