Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30990

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

ANUNCIO do 20 de xuño de 2014, da Área Provincial da Coruña, polo que se empraza a interesada para ser notificada por comparecencia no expediente VP-C 44/13.

Despois de intentar a notificación persoal nos termos establecidos no artigo 59.2 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, e de conformidade co disposto nos seus artigos 59.4 e 61, emprázase a interesada que se sinala no anexo para ser notificada por comparecencia.

O acto adoptouno o instrutor do expediente.

A comparecencia deberá efectuarse no prazo de dez días, contados desde o seguinte ao da publicación deste anuncio, na Área Provincial do Instituto Galego da Vivenda e Solo, rúa Vicente Ferrer 2, andar 9º, ala sur, concello da Coruña, das 9.00 ás 14.00 horas, de luns a venres.

Unha vez transcorrido o dito prazo sen se efectuar a comparecencia, a notificación entenderase producida desde o día seguinte ao da publicación.

A Coruña, 20 de xuño de 2014

Luis G. Eirís Puñal
Xefe da Área Provincial da Coruña

ANEXO

VP-C 44/13.

Denunciada: Carmen Lema Martínez.

Acto notificado: proposta de resolución do procedemento sancionador en materia de vivenda.