Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 131 Venres, 11 de xullo de 2014 Páx. 30991

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

CÉDULA do 26 de xuño de 2014 pola que se notifica o acordo de incoación de expediente de caducidade de autorización temporal de atracada co número P7-08E das instalacións náutico-deportivas do porto de Ribadeo.

Con data do 4 de xuño de 2014, o presidente de Portos de Galicia, ao abeiro do establecido no artigo 40.2.a) do Decreto 130/2013, do 1 de agosto, polo que se regula a explotación dos portos deportivos e das zonas portuarias de uso náutico-deportivo de competencia da Comunidade Autónoma de Galicia, acordou incoar expediente de caducidade da autorización temporal de atracada que se cita con anterioridade, da que é titular Diego Eugenio López Neira.

A instrución recae en Jesús Javier Fernández Barro, xefe da División Xurídica de Portos de Galicia, con domicilio para efectos do presente expediente en Área Central, praza de Europa, 5-A, 6º, de Santiago de Compostela, sendo o seu réxime de abstención e recusación o consignado nos artigos 28 e 29 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Intentada a notificación do acordo de incoación do expediente de caducidade no enderezo que consta no expediente sito en Álvaro Xil, 10-2º B, de Lugo a través do servizo de Correos, e non sendo posible a súa práctica, de conformidade co disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, notifícase mediante a publicación no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Lugo, o presente acordo de incoación de expediente de caducidade da autorización temporal de atracada.

O expediente incóase pola concorrencia da causa de caducidade prevista no artigo 40.1.b) do Decreto 130/2013, por estar pendentes de aboamento en período executivo as liquidacións da taxa portuaria X-5, embarcacións deportivas e de lecer, correspondentes ao primeiro e o segundo semestre do ano 2012.

Contra o acordo de incoación poderanse formular alegacións perante o instrutor designado no expediente, outorgándose para estes efectos un prazo máximo de 10 días hábiles contados desde o día seguinte ao da publicación do acordo no Diario Oficial de Galicia e exposición no taboleiro de edictos do Concello de Lugo.

De acordo co artigo 40.1.c) do Decreto 130/2013, de efectuarse o aboamento das liquidacións pendentes en vía de constrinximento antes de que se dite resolución que poña fin ao expediente, procederase ao seu arquivamento. Para proceder a aboar as ditas cantidades poderase poñer en contacto co Departamento de Contabilidade e Tesouraría de Portos de Galicia no número de teléfono 981 54 53 41.

E para que conste e sirva de notificación, e en cumprimento do disposto no artigo 59.4º da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, expido, asino e selo a esta cédula.

Santiago de Compostela, 26 de xuño de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia