Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30811

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Instituto Galego da Vivenda e Solo

CÉDULA do 18 de xuño de 2014, da Área Provincial de Pontevedra, pola que se notifica ás persoas interesadas o requirimento de pagamento en relación co procedemento por falta de pagamento P-007/14.

De conformidade cos artigos 58, 59 e 60 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRX-PAC), modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, despois de que se intentase en dúas ocasións a notificación persoal no último domicilio coñecido, notifícaselles ás persoas interesadas o requirimento de pagamento que se detalla no anexo.

Pontevedra, 18 de xuño de 2014

Andrés Iglesias López
Xefe da Área Provincial de Pontevedra

ANEXO

Expediente falta de pagamento: P-007/14.

Expediente construción: PO-82/030, conta 14.

Nome: comunidade hereditaria de Mª del Carmen Remiseiro Fernández e Manuel Calvo Remiseiro.

Enderezo: rúa Illa de Tambo, núm. 69, 7º B, Poio, Pontevedra.

Asunto: requirimento de pagamento.

Indicación do contido: conforme o artigo 82 da Lei 8/2012, do 29 de xuño, de vivenda de Galicia; requirímolos para o pagamento dos 255 recibos vencidos e non satisfeitos correspondentes da vivenda que foi adxudicada a María del Carmen Remiseiro Fernández, por un importe total de 31.304,57 €, segundo consta na base de datos de facturación do IGVS o 28.5.2014, correspondentes aos períodos comprendidos entre o 1.3.1993 e o 1.5.2014, facéndolles constar que se irán incorporando ao total da débeda os posteriores vencementos que resulten con falta de pagamento.

De acordo co artigo 142 do Regulamento de VPO e co artigo 84 de la LRX-PAC, concédeselles un prazo de 15 días hábiles para que se poñan ao día nas súas obrigas, procedendo ao pagamento do referido importe en calquera das oficinas de Novagalicia Banco, ou se presenten en trámite de audiencia nesta área provincial e entreguen a documentación que consideren conveniente.

Advertímoslles que en caso de non atender este requirimento se procederá á resolución do contrato.