Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 130 Xoves, 10 de xullo de 2014 Páx. 30810

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Axencia de Protección da Legalidade Urbanística

CÉDULA do 27 de xuño de 2014 de emprazamento para o trámite de audiencia do expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/29/2013, devolta polo servizo de Correos por resultar a súa destinataria ausente na repartición.

De conformidade co disposto no artigo 59.5 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, publícase o emprazamento a M. Rosalía Puente Tosar para o trámite de audiencia ditado no expediente de reposición da legalidade urbanística LUG/29/2013, en relación coas obras consistentes na construción dunha edificación con tipoloxía de vivenda unifamiliar, que se levan a cabo no lugar Chousa da Casa, Castro de Ribeiras de Lea, no termo municipal de Castro de Rei, provincia de Lugo.

O expediente relacionado atópase á disposición da interesada na Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, sita no Edificio Witland, Salgueiriños, en Santiago de Compostela, para a súa consulta no prazo de 10 días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta cédula. Transcorrido o devandito prazo, a notificación entenderase producida.

A interesada disporá dun prazo de 15 días hábiles, contados a partir do día seguinte a aquel en que se producise a notificación desta cédula, para alegar e presentar os documentos e informacións que considere pertinentes.

Para que conste e lle sirva de notificación a citada interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5 da LRXPAC, expido e asino esta cédula.

Santiago de Compostela, 27 de xuño de 2014

María Martínez Allegue
Directora da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística