Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30493

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (141/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 141/2012, por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Todoreformas II, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, en que recaeu sentenza con data 9 de xuño de 2012 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Decido:

Estímase a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Todoreformas II, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Todoreformas II, S.L. a aboar á Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de cento setenta e oito euros con vinte e sete céntimos (178,27 euros) en concepto de achega á indicada Fundación, incluída a recarga por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Todoreformas II, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de xuño de 2014

A secretaria xudicial