Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30492

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (142/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 142/2012, por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra a empresa Construcciones Chans Veira, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, en que recaeu sentenza con data 9 de xuño de 2014 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decido que se estima a demanda interposta por Fundación Laboral de la Construcción contra a entidade Construcciones Chans Veira, S.L., con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Construcciones Chans Veira, S.L. a aboar a Fundación Laboral de la Construcción a cantidade de douscentos oitenta e catro euros con setenta e seis céntimos (284,76 euros) en concepto de achega á indicada Fundación, incluída a recarga por mora.

Notifíqueselles esta resolución ás partes, ás que se lles fará saber que contra ela non cabe ningún recurso.

Así o acorda, manda e asina Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña».

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia, co fin de que lle sirva de notificación en forma á empresa Construcciones Chans Veira, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 16 de xuño de 2014

A secretaria xudicial
Rubricado