Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 128 Martes, 8 de xullo de 2014 Páx. 30495

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (71/2013).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento ordinario 71/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Adoración Raña Mosquera contra Grafinova, S.A., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre ordinario, se ditou a sentenza nº 223 cuxo encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 10 de xuño de 2014.

Vistos por Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 dos de Santiago de Compostela, os presentes autos rexistrados co número indicado, promovidos por instancia de María Adoración Raña Mosquera, asistida pola letrada Sra. Cancela Regueiro, fronte a Grafinova, S.A. e ao Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), que non compareceron malia constaren debidamente citados, dítase a presente sentenza con base nos seguintes (...)

Resolución:

Que estimo integramente a demanda interposta por María Adoración Raña Mosquera fronte a Grafinova, S.A. e ao Fogasa e, en consecuencia, condeno a mercantil demandada a aboar á demandante a cantidade de 5.898,07 euros en concepto de salarios de xaneiro, xullo e sete días de setembro de 2012, paga extra de xullo de 2012 e parte proporcional das pagas extras de marzo, setembro e decembro, cantidade que debe ser incrementada co 10 % de xuros do artigo 29.3 do ET, condenando o Fogasa unicamente nos termos do artigo 33 do ET.

Notifíquese esta resolución ás partes, e fágaselles saber que contra ela poden interpor recurso de suplicación ante o TSX de Galicia no prazo de cinco días.

Así o acorda, manda e asina Mª del Carmen Barcala Barreiro, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Grafinova, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que sexan auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 16 de xuño de 2014

A secretaria xudicial