Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30374

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da convocatoria de subvencións destinadas a asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro.

No BOP de Lugo número 150, do 2 de xullo de 2014, publícase o anuncio da convocatoria, para 2014, das subvencións que o Concello de Lugo, Área de Benestar Social e Igualdade, Servizos Sociais, dedica ás asociacións e persoas xurídico-privadas sen ánimo de lucro para o desenvolvemento de programas, actividades, mantemento, conservación e pequenas reparacións das infraestruturas, así como as bases reguladoras destas subvencións aprobadas polo Decreto da Alcaldía número 14005946, do día 17 de xuño de 2014.

O que se fai público para que produza os efectos oportunos.

Lugo, 2 de xullo de 2014

Ana María González Abelleira
Tenente de alcalde delegada da Área de Benestar Social e Igualdade