Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30375

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ordes

ANUNCIO de convocatoria para a contratación de servizos de asistencia técnico-urbanística.

1. Entidade adxudicadora: Concello de Ordes.

1) Obtención de documentación e información: Secretaría. R/ Alfonso Senra, 108. Ordes, 15680.

2) Tel./Fax: 981 68 00 02/981 68 22 21.

3) Correo electrónico: correo@ordes.dicoruna.es

4) Perfil do contratante: www.concellodeordes.com

5) Data límite de obtención de documentación e información: 5.8.2014.

2. Obxecto do contrato.

a) Servizos de asistencia técnico-urbanística.

b) Prazo de execución: catro anos, prorrogable anualmente, máximo dous.

c) CPV (referencia de nomenclatura): 71000000.

3. Tramitación e procedemento: ordinaria, aberto.

4. Criterios de adxudicación: os establecidos nos pregos de cláusulas administrativas particulares.

5. Valor estimado do contrato: 439.655,16 (prórrogas incluídas).

6. Orzamento base de licitación: 354.655,16 (catro anos, IVE incluído).

7. Garantías exixidas.

a) Provisional: non se exixe.

b) Definitiva: 5 % importe de adxudicación, IVE excluído.

8. Requisitos específicos do contratista: os sinalados nos pregos de cláusulas administrativas particulares e de prescricións técnicas.

9. Presentación de ofertas ou de solicitudes de participación.

a) Data límite de presentación: 5.8.2014, ata as 14.00 horas.

b) Lugar de presentación: r/ Alfonso Senra, 108, 15680 Ordes.

10. Apertura de ofertas: 29.8.2014, ás 12.00 horas.

11. Data de envío do anuncio ao Diario Oficial de la Unión Europea: 12.6.2014.

Ordes, 12 de xuño de 2014

Manuel Regos Boquete
Alcalde presidente