Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30373

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Lugo

ANUNCIO da aprobación inicial da modificación do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior.

A Xunta de Goberno Local, en sesión que tivo lugar o día 18.6.2014, aprobou inicialmente a modificación puntual do Plan especial de protección, rehabilitación e reforma interior (PEPRI), do cuarteirón 214A (rúa San Roque, rolda da Muralla), promovido por Jesús Pernas Carreiras, en representación de Hipólito, S.L.

Conforme o previsto nas disposicións vixentes, sométese a información pública polo prazo dun mes durante o cal poderá ser examinado no Servizo de Urbanismo deste Concello (rolda da Muralla, nº 197), e presentarse as reclamacións ou suxestións que se desexen.

Lugo, 27 de xuño de 2014

P.D. (Decreto número 13008312)
Luis Manuel Álvarez Martínez
Tenente alcalde delegado da Área de Urbanismo e Medio Ambiente