Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 127 Luns, 7 de xullo de 2014 Páx. 30240

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2397/2012).

Xulgado de orixe/autos: demanda 457/2011 Xulgado do Social número 3 de Ourense.

Recorrente: Jesús Ramón Díaz González.

Avogado: Juan Salgado Requejo.

Procurador/a: fax: 988 26 95 20.

Recorridos: Construcciones y Almacenes Manuel Viso e Hijos, S.L., Asefa, S.A., Seguros y Reaseguros.

Avogado: Pablo Arturo Quintas Álvarez.

Procuradora: Marta Mª Rey Fernández.

Recorrida: Musaat Mutua Seguros a Prima Fija.

Avogado: José Luis Mondelo García.

Procuradora: Mª Ángeles Fernández Rodríguez.

Recorrido: José Ramón Álvarez Cid.

Avogado: Santiago Conde Fernández.

Procuradora: Mª Ángeles Fernández Rodríguez.

Recorrida: Pedras Xunqueira, S.A.

Estrada Xunqueira, Allariz 32670, Xunqueira de Ambía, Ourense.

Recorrida: Proyectos y Construcciones Zevestse, S.L.

Estrada Ourense, Xunqueira, km 12, A Pousa, Xunqueira de Ambía, Ourense.

Recorrido: Caser.

Avogado: Eduardo Villar Fernández.

Procurador/a: fax: 988 37 34 92.

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso suplicación 2397/2012 desta sección, seguido por instancia de Jesús Ramón Díaz González sobre outros dereitos Seguridade Social, se ditou a seguinte resolución:

Decido:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada de Jesús Ramón Díaz González, contra a sentenza do 6 de febreiro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 3 de Ourense, en proceso sobre danos e perdas promovido polo recorrente, debemos confirmar e confirmamos a sentenza impugnada.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, e fágaselles saber que contra ela só cabe recurso de casación para a unificación de doutrina, que se preparará por escrito ante esta sala do social, dentro dos dez días seguintes da notificación desta sentenza e de acordo co disposto nos artigos 218 e seguintes da Lei de xurisdición social.

Se a recorrente non está exenta de depósito e consignación para recorrer, deberá ingresar:

– A cantidade obxecto de condena na conta corrente desta sala no banco Banesto, nº 1552 0000 80 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

– O depósito de 600 euros na conta corrente desta sala nº 1552 0000 37 (nº recurso) (dúas últimas cifras do ano).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, e lévese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do Social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.

E para que sirva de notificación no Diario Oficial de Galicia a Pedras Xunqueira, S.A., Proyectos y Construcciones Zevetse, S.L., con último domicilio coñecido na Pousa, estrada de Ourense, Xunqueira de Ambía, Ourense, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que sexan auto ou sentenza ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 16 de xuño de 2014

A secretaria xudicial