Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30102

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Ourol

ANUNCIO de información pública sobre a aprobación inicial da modificación puntual das normas subsidiarias e complementarias de planeamento de solo apto para urbanizar residencial do núcleo de Ourol, parroquia de Santa María de Ourol, coa ordenación detallada.

O Pleno do Concello de Ourol, en sesión extraordinaria que tivo lugar o día 5 de maio de 2014, aprobou inicialmente a modificación puntual das normas subsidiarias e complementarias de planeamento de solo apto para urbanizar residencial do núcleo de Ourol, parroquia de Santa María de Ourol, coa ordenación detallada, elaborado por Senén Prieto Ingeniería, S.L., con data de febreiro de 2014.

De conformidade co preceptuado no artigo 85.2 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, e as súas posteriores modificacións, a dita modificación aprobada inicialmente, con todos os documentos integrantes do expediente tramitado, sométese ás consultas previstas no documento de referencia e simultaneamente someterase ao trámite de información pública durante un prazo de dous meses, contados a partir da última publicación deste anuncio no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior difusión da provincia de Lugo: La Voz de Galicia e El Progreso. Durante esta fase de consulta e de exposición ao público, calquera interesado poderá consultar o expediente e, de ser o caso, formular as alegacións que xulgue oportunas.

De conformidade co informe da arquitecta municipal do 9 de abril de 2014 e o informe do equipo redactor, acordouse suspender o outorgamento de licenzas naqueles ámbitos do territorio obxecto do planeamento cuxas novas determinacións supoñan a modificación da ordenación urbanística vixente. Neste caso, e segundo o informe municipal citado, ao tratarse dunha modificación puntual a área afectada pola suspensión está perfectamente definida polo ámbito de actuación da modificación puntual.

A dita suspensión terá unha duración máxima de dous anos contados desde a aprobación inicial e, en calquera caso, extinguirase coa aprobación definitiva do planeamento.

Ourol, 10 de xuño de 2014

(Decreto de delegación nº 72/2014, do 6 de xuño,
de delegación de sinatura no 1º tenente de alcalde)
José Ramón Vázquez Bouza
Tenente de alcalde