Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30103

VI. Anuncios

c) Outros anuncios

Compañía de Radio-Televisión de Galicia

ANUNCIO de licitación do expediente de contratación 2014000298.

1. Entidade adxudicadora: Compañía de Radio-Televisión de Galicia.

2. Obxecto do contrato: servizo de atención telefónica e servizos complementarios, reservado a centros especiais de emprego e documentalmente simplificada para a Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Televisión de Galicia, S.A.

3. Orzamento base de licitación: 62.110 euros sen IVE.

4. Prazo de execución: un (1) ano.

5. Tramitación: ordinaria.

6. Procedemento: aberto.

7. Garantía definitiva: non se exixe.

8. Obtención dos pregos de condicións e información: no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es

9. Lugar de presentación das ofertas: Compañía de Radio-Televisión de Galicia. Subdirección de Contratación, Patrimonio e Servizos Comúns, Bando, San Marcos, s/n, 15820 Santiago de Compostela.

10. Prazo de presentación de ofertas: quince (15) días naturais contados a partir do día seguinte ao da publicación do anuncio no Diario Oficial de Galicia.

11. Gastos de anuncios: serán por conta do adxudicatario.

12. Apertura de ofertas: realizarase na sede da CRTVG en Bando, San Marcos, s/n, Santiago de Compostela, na data e hora que se publicarán no perfil do contratante da páxina web da CRTVG: www.crtvg.es

Santiago de Compostela, 12 de xuño de 2014

Miguel Rodríguez Barrio
Director xerente de Planificación e Administración Xeral
da Compañía de Radio-Televisión de Galicia e Televisión de Galicia, S.A.