Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30050

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Traballo e Benestar

RESOLUCIÓN do 17 de xuño de 2014, da Secretaría Xeral Técnica da Consellería de Traballo e Benestar, pola que se fai pública a formalización dun contrato administrativo.

En cumprimento do disposto no artigo 154 do Real decreto lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, que aproba o texto refundido da Lei de contratos do sector público, faise pública a formalización dos seguintes contratos administrativos:

1. Contratación administrativa da xestión do servizo público para a reserva e ocupación de prazas de atención diúrna terapéutica de media estadía no concello de Vigo coa entidade Asociación de Dano Cerebral de Vigo (Alento), mediante a modalidade de concerto, polo procedemento negociado sen publicidade e por exclusividade.

1.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PN 49/2014.

1.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do servizo público para a reserva e ocupación de prazas de atención diúrna terapéutica de media estadía no concello de Vigo.

1.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: ordinaria.

b) Procedemento: negociado sen publicidade (exclusividade).

1.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 195.668,31 €.

1.5. Formalización:

a) Data: 1.6.2014.

b) Contratista: Asociación de Dano Cerebral de Vigo (Alento).

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 180.509,50 €.

2. Contratación administrativa da xestión do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (SGAMP), áreas de Ferrol e Pontevedra, mediante a modalidade de concesión polo procedemento aberto e tramitación urxente. Tramitación documentalmente simplificada.

2.1. Entidade adxudicadora:

a) Organismo: Consellería de Traballo e Benestar.

b) Dependencia que tramitou o expediente: Secretaría Xeral de Política Social.

c) Número de expediente: PA 26/2014.

2.2. Obxecto do contrato:

a) Tipo de contrato: xestión de servizos públicos.

b) Descrición do obxecto: xestión do Servizo Galego de Apoio á Mobilidade Persoal para persoas con discapacidade e/ou dependentes (SGAMP), áreas de Ferrol e Pontevedra.

2.3. Tramitación, procedemento e forma de adxudicación:

a) Tramitación: urxente.

b) Procedemento: aberto.

2.4. Orzamento base de licitación:

Importe total: 1.103.150, 21 € (IVE incluído).

2.5. Formalización:

Lote 1: Ferrol.

a) Data: 9.6.2014.

b) Contratista: UTE Gabeiras-Coinco-Rico.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 743.905,14 € (IVE incluído).

Lote 2: Pontevedra.

a) Data: 16.6.2014.

b) Contratista: Autos Grabanxa, S.L.

c) Nacionalidade: española.

d) Importe de adxudicación: 359.245,07 € (IVE incluído).

Santiago de Compostela, 17 de xuño de 2014

P.D. (Orde do 19.8.2009)
María Jesús Lorenzana Somoza
Secretaria xeral técnica da Consellería de Traballo e Benestar