Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 126 Venres, 4 de xullo de 2014 Páx. 30048

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Consellería de Sanidade

CÉDULA do 9 de xuño de 2014, da Xefatura Territorial de Pontevedra, pola que se notifica o acordo de inicio do expediente sancionador 2014103TA-PO, por infracción en materia sanitaria.

O 5 de maio de 2014, a xefa territorial de Pontevedra ditou acordo de inicio do expediente sancionador 2014103TA-PO incoado na Xefatura Territorial da Consellería de Sanidade de Pontevedra contra Monika Sonja Evers con NIE X0580272M como titular do establecemento Café Bar Yago´s.

Tras intentar a notificación deste acordo consonte o artigo 59 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, non puido practicarse, polo que mediante esta cédula se lle notificase a Monika Sonja Evers o contido do dito acordo, que figura no anexo, segundo o disposto no número 5 do referido artigo, para que teña coñecemento del.

Así mesmo, fáiselle saber o dereito que a asiste, ao abeiro do disposto no número 1 do artigo 16 do Real decreto 1398/1993, do 4 de agosto, polo que se aproba o Regulamento do procedemento para o exercicio da potestade sancionadora, para presentar alegacións ante esta xefatura territorial no prazo de 15 días hábiles, contados desde o seguinte ao da publicación desta cédula, e lémbraselle o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura, sita en Pontevedra, no Edificio Administrativo da Xunta de Galicia, rúa Fernández Ladreda, núm. 43, 1º andar, e obter, se é o caso, copia del, segundo o previsto na letra a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Notifícaselle tamén que, de non efectuar alegacións sobre o contido do dito acordo no citado prazo, o acordo de inicio poderá ser considerado proposta de resolución cando conteña un pronunciamento preciso acerca da responsabilidade imputada, cos efectos previstos nos artigos 18 e 19 do citado regulamento.

Esta cédula expídese para que conste e lle sirva de notificación á interesada, en cumprimento do disposto no artigo 59.5º da Lei 30/1992, do 26 de novembro.

Pontevedra, 9 de xuño de 2014

Ángeles Feijoo-Montenegro Fernández
Xefa territorial de Pontevedra

ANEXO

Número do expediente: 2014103TA-PO.

Denunciada: Monika Sonja Evers con NIE X0580272M como titular do establecemento Café Bar Yago´s.

Último enderezo coñecido: avenida de Ramón Peinador, núm. 21 B, 36890 Mondariz-Balneario.

Feito imputado: suposta infracción do previsto na Lei 28/2005, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Preceptos presuntamente infrinxidos: o artigo 3.3 e a disposición adicional terceira da Lei 28/2005:

– Artigo 3.3. «En todos os establecementos en que estea autorizada a venda e a subministración de produtos do tabaco, instalaranse en lugar visible carteis que, de acordo coas características que sinalen as normas autonómicas no seu respectivo ámbito territorial, informen, en castelán e nas linguas cooficiais, da prohibición de venda de tabaco aos menores de dezaoito anos e advirtan sobre os prexuízos para a saúde derivados do uso do tabaco».

– Disposición adicional terceira: «Nos centros ou dependencias en que existe prohibición legal de fumar deberán colocarse na súa entrada, en lugar visible, carteis que anuncien a prohibición do consumo de tabaco...».

Tipificación: dúas infraccións administrativas tipificadas como leves nos artigos 19.2.b) e 19.2.d) da Lei 28/2005, do 26 de decembro, de medidas sanitarias fronte ao tabaquismo e reguladora da venda, a subministración, o consumo e a publicidade dos produtos do tabaco, modificada pola Lei 42/2010, do 30 de decembro.

Sanción proposta: cento cincuenta euros (150 €).