Intentada a notificación das ditas resolucións segundo o disposto nos artigos 59.5 e 61 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, do 13 de xaneiro, e non sendo posible a súa práctica, por medio desta cédula e segundo o disposto no número 5 do referido artigo e o establecido no artigo 61 do mesmo texto legal, notifícaselles aos interesados o contido das resolucións que figuran como anexo, para que poidan ter coñecemento delas.
Estas resolucións poñen fin á vía administrativa e contra elas os interesados poden interpoñer recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, que comezará a contar a partir do día seguinte ao da publicación desta cédula no Diario Oficial de Galicia, ante o órgano competente da xurisdición contencioso-administrativa. Así mesmo, con anterioridade e con carácter potestativo, poderán interpoñer recurso de reposición no prazo dun mes, que comezará a contar a partir do día seguinte ao desta publicación, ante esta xefatura territorial, todo isto de conformidade co establecido na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.
Lémbraselles tamén o seu dereito a consultar o expediente, depositado nas dependencias desta xefatura territorial, sitas na rúa Salvador de Madariaga, nº 9-1º, na Coruña, e a obter, se é o caso, copia da resolución, segundo o previsto na apartado a) do artigo 35 da Lei 30/1992, do 26 de novembro.
A Coruña, 10 de xuño de 2014
Mª Pilar Caridad Alonso
Xefa territorial da Coruña
ANEXO
Nº de expediente: TR347D 2009/76-1.
Nome ou razón social: Centro Clínico Dental Compostela Dos, S.C.
Último enderezo coñecido: avenida de Ferrol, 40, baixo, 15706 Santiago de Compostela, A Coruña.
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.
Precepto infrinxido: base novena punto 1 do anexo D da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR347D 2009/179-1.
Nome ou razón social: Calena Barbanza, S.L.
Último enderezo coñecido: rúa Alcalá Galiano, 1, 5º A, 15960 Ribeira, A Coruña.
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.
Precepto infrinxido: base novena punto 1 do anexo D da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR347D 2009/333-1.
Nome ou razón social: Miguens 3, S.L.
Último enderezo coñecido: praza de Mazarelos, 6, baixo, 15703 Santiago de Compostela, A Coruña.
Feito imputado: non manter no seu cadro de persoal fixo as persoas traballadoras contratadas ao abeiro deste programa durante un período mínimo de 3 anos.
Precepto infrinxido: base novena punto 1 do anexo D da orde de convocatoria.
Contido da resolución: acordo da procedencia de reintegro.
Nº de expediente: TR347D 2009/358-1.

Nº de expediente: TR347D 2009/506-1.
Nome ou razón social: José Méndez Méndez.
Último enderezo coñecido: lugar das Barrosas, 45, Ponte do Porto, 15123 Camariñas, A Coruña.