Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29782

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Castro de Rei

ANUNCIO de delimitación de núcleo rural.

A Alcaldía, mediante o Decreto número 182, do 17 de xuño de 2014, e de conformidade coa disposición adicional segunda da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, do 29 de decembro, aprobou inicialmente o expediente de delimitación de solo de núcleo rural en Ribeira Chairo, parroquia de San Xoán de Ribeiras de Lea, municipio de Castro de Rei (Lugo), redactado pola empresa Monsa Urbanismo, S.L., con data de febreiro de 2014, e presentado por iniciativa de Carlos López Freire.

O expediente sométese a información pública polo prazo dun mes contado desde a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en dous xornais da provincia, co fin de que, durante o citado período, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas poidan examinalo nas oficinas do concello, en Castro de Rei, e formular por escrito as reclamacións ou observacións que consideren oportunas.

Castro de Rei, 23 de xuño de 2014

Francisco Javier Balado Teijeiro
Alcalde