Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29783

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello da Coruña

ANUNCIO do acordo de aprobación definitiva de estudo de detalle para unha parcela dotacional pública no polígono de Matogrande (expediente 631/336/2013).

O Pleno municipal, en sesión que tivo lugar o día 5 de maio de 2014, adoptou, entre outros, o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar definitivamente o estudo de detalle para a ordenación de volumes e condicións da edificación que permitan a ampliación do equipamento deportivo existente nunha parcela dotacional pública no polígono de Matogrande, promovido por EMVSA, Empresa Municipal de Vivenda, Servizos e Actividades, S.A.

Segundo. Ordenar o dilixenciamento do estudo de detalle aprobado, así como continuar co cumprimento dos trámites administrativos recollidos nos artigos 92.2 e 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, para procurar a entrada en vigor do estudo de detalle.

Terceiro. Notificarlles o acordo de aprobación definitiva aos titulares catastrais, interesados no expediente, aos departamentos municipais de Licenzas e Disciplina Urbanística, Xestión do Solo, Sección de Patrimonio Urbanístico, Oficina de Delineación-SIX de Planeamento e á Área de Infraestruturas».

A documentación exixida polo artigo 92.3 da Lei 9/2002, do 30 de decembro, de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, tivo entrada na Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas o día 30 de maio de 2014.

Contra este acordo, que pon fin á vía administrativa, cabe interpoñer recurso contencioso-administrativo, ante a sala correspondente do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, no plazo de dous meses que se contarán a partir do día seguinte ao da publicación deste anuncio, de conformidade cos artigos 10 e 46 da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, sen prexuízo de calquera outro que se considere pertinente.

A Coruña, 30 de maio de 2014

César de Jesús Otero Grille
Director de Urbanismo