Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29781

VI. Anuncios

a) Administración autonómica

Portos de Galicia

ACORDO do 13 de xuño de 2014 polo que se somete a información pública a solicitude presentada polo Club Náutico de Boiro de ampliación da explanada de servizos das instalacións náutico-deportivas no porto de Cabo de Cruz, Boiro, A Coruña (expediente 12-52-10-C-1).

O día 2 de decembro de 2013, o Club Náutico de Boiro presentou unha solicitude de modificación da concesión administrativa para construción e explotación de instalacións náutico-recreativas no porto de Cabo de Cruz con base no proxecto básico ampliación da explanada de servizos das instalacións náutico-deportivas no porto de Cabo de Cruz, Boiro, A Coruña, redactado polo ECCP Fernando López Mera en novembro de 2013.

En cumprimento do disposto no artigo 85.3 do Real decreto lexislativo 2/2011, do 5 de setembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de portos do Estado e da mariña mercante, faise público, para que as persoas e entidades interesadas poidan examinar o expediente e presentar por escrito as alegacións que consideren oportunas nos servizos centrais de Portos de Galicia, oficinas sitas na praza Europa, 5 A, 6º, polígono das Fontiñas, 15707 Santiago de Compostela, no prazo de vinte (20) días hábiles, contados a partir do seguinte ao de publicación do presente anuncio no Diario Oficial de Galicia. A documentación está á disposición na web portosdegalicia.com

Santiago de Compostela, 13 xuño de 2014

José Juan Durán Hermida
Presidente de Portos de Galicia