Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29786

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Vigo

ANUNCIO da aprobación inicial do Plan especial de protección da colonia histórica do Couto (expediente 13841/411).

A Xunta de Goberno Local, en sesión extraordinaria e urxente do 23 de maio de 2014, adoptou o seguinte acordo:

«Primeiro. Aprobar inicialmente o Plan especial da colonia histórica do Couto, redactado en abril de 2014 pola Oficina de Planeamento e Xestión (versión V1) por iniciativa municipal, en cumprimento da Resolución do vicepresidente da Xerencia Municipal de Urbanismo do 27.7.2012.

Segundo. Abrir un trámite de información pública polo prazo dun mes, mediante a publicación de anuncios no DOG e en dous dos xornais de maior circulación da provincia.

Terceiro. Acordar, de acordo co artigo 77.2 da Lei de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, a suspensión de licenzas no ámbito afectado no que resulte incompatible coa nova ordenación, significando que este está conformado polo ámbito definido no plano I.02. V1, escala 1/2000, do Plan especial da colonia histórica do Couto, que será, así mesmo, obxecto da publicación referida no punto segundo deste acordo.

Cuarto. Publicar este acordo, xunto cos documentos integrantes do Plan especial da colonia histórica do Couto, na web do Concello de Vigo.

Quinto. Notificarlles este acordo individualmente, na forma prevista nos artigos 58 e 59 da LRXAP-PAC, a todas as persoas propietarias dos terreos afectados que figuren como titulares no Catastro, coa indicación expresa de que ao tratarse dun mero acto de trámite non é susceptible de recurso».

Procédase á súa publicación no Diario Oficial de Galicia e en dous dos xornais de maior circulación da provincia.

Vigo, 11 de xuño de 2014

(Resolución do 8.2.2013)
María del Carmen Silva Rego
Vicepresidenta da Xerencia Municipal de Urbanismo