Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29785

VI. Anuncios

b) Administración local

Concello de Padrón

ANUNCIO de información pública sobre a construción e apertura dunha nave de empresa de transporte de viaxeiros por estrada no lugar de Pazos.

Manuel Bustelo Vidal, en calidade de representante da mercantil Serviaxes Bustelo, S.L., solicitou nesta alcaldía licenza municipal para a construción e apertura dunha nave de empresa de transporte de viaxeiros por estrada para oficinas, garaxe e aparcamento de autobuses e o seu mantemento, que se situará na parcela 67 do parque empresarial de Padrón, no lugar de Pazos. En cumprimento do disposto polo artigo 8.3 do Decreto 133/2008, do 12 de xuño, polo que se regula a avaliación de incidencia ambiental, sométese o expediente a información pública por un período de vinte días hábiles, co fin de que durante este, que comezará a contarse desde o día seguinte ao da inserción do presente edicto no Boletín Oficial da provincia e no Diario Oficial de Galicia, poidan examinar o expediente, na Secretaría deste concello, de luns a venres, das 9.00 ás 14.00 horas, as persoas que dalgún xeito se consideren afectadas pola actividade que se pretende instalar e formular por escrito as reclamacións ou observacións que xulguen oportunas.

Padrón, 26 de maio de 2014

Antonio Fernández Angueira
Alcalde