Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 124 Mércores, 2 de xullo de 2014 Páx. 29787

VI. Anuncios

b) Administración local

Deputación Provincial de Ourense

ANUNCIO de licitación de procedemento aberto para a contratación da subministración dun vehículo 4x4 tipo pick up con dobre cabina con destino ao Parque Móbil da Deputación Provincial de Ourense.

No perfil do contratante publícanse íntegros os pregos de condicións para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración dun vehículo 4x4 tipo pick up con dobre cabina con destino ao parque móbil da Deputación Provincial de Ourense, cun tipo de licitación de 33.400,00 € (IVE e demais tributos incluídos). As proposicións presentaranse ata ás 14.00 horas do décimo quinto (15º) día natural contado desde o seguinte ao da publicación deste anuncio de licitación no DOG, no Rexistro da Deputación Provincial de Ourense. A apertura de proposicións terá lugar de conformidade co disposto na cláusula XIII do prego de condicións. A documentación necesaria e demais datos figuran no mencionado prego de condicións, que lles será facilitado gratuitamente aos que o soliciten, no rexistro da Deputación Provincial de Ourense, rúa Progreso, nº 32, ou por teléfono 988 38 52 02 e fax 988 38 51 84 ou na páxina web da deputación www.depourense.es.

Ourense, 19 de xuño de 2014

José Manuel Baltar Blanco
Presidente da Deputación Provincial de Ourense